PRESENTACIÓN

Somos máis de cada vez. De cada vez somos máis as mulleres e os homes, as traballadoras e os traballadores que pensamos que cómpre formalizarmos unha alternativa en Redondela, que cómpre presentarmos unha candidatura que teña como punto de partida a liberación social e nacional, unha candidatura que recolla as políticas e os valores republicanos, feministas, ecoloxistas, independentistas; que recolla, e que se retroalimente de todas as minorías que, pola súa praxe emancipadora e igualitaria, están a ser marxinadas; unha candidatura aberta á participación dos membros dos movementos e dos colectivos sociais, verdadeiros esteos na construción da dignidade comunal; unha candidatura, final e principalmente, que afronte os problemas do real e do concreto no noso concello. Benvidos ao proxecto da F.P.G. de Redondela.

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en PRESENTACIÓN