Concentración en Cesantes en defensa da Enseada de San Simón.

Apoiamos coa nosa presenza a concentración de protesta organizada pola Confraría de Redondela coa intención de acadar por parte das administracións, Xunta de Galiza e Concello de Redondela, o compromiso de deter as verteduras continuadas que están a por en grave perigo a pesca, o marisqueo, e a supervivencia da Enseada de San Simón.FPG REDONDELA faise partícipe deste requerimento de actuacións urxentes por parte do Concello xa que consideramos as medidas reclamadas de vital importancia para apoiar sectores autóctonos coma a pesca e o marisqueo e a prol dunha ría limpa e chea de vida.Entendemos que a Enseada de San Simón está nun momento crítico a nivel contaminación e responsabilizamos ás anteriores corporacións e gobernos de non ter feito nada.Recordamos as nosas propostas para que tomen nota os que teñen o poder de trocar este desastre natural irreversible ó que nos veremos abocados senón se toman medidas urxentes :

  • Regulamento e proteccións reais da Rede Natura Enseada de San Simón.
  • Traslado a polígonos industriais das industrias chantadas no litoral.
  • Saneamento integral de toda a Ría de Vigo, así como reparación real das depuradoras.
  • Descontaminación eficaz dos fondos mariños afectados por metais pesados.
  • Paralización de todos os recheos na nosa Ría.
  • Inclusión no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo (APV), de representación das confrarías de pesca e marisqueo.
  • Cesión aos concellos correspondentes dos espazos ocupados pola APV no litoral da Enseada de San Simón afectada pola Rede Natura..
Publicado en Novas | Comentarios desactivados en Concentración en Cesantes en defensa da Enseada de San Simón.

CHAPELA

Os compañeir@s de Chapela achegáronnos estas imaxes ilustrativas das obras feitas pra canalización da auga da traída.Según nos contan dito “suceso”lévano padecendo todo o verán e este é o resultado en fotos.O traballo leva parado un tempo e nos preguntamos o motivo deste abandono obsceno e descarado por parte do Concello.Mañá 16 De setembro tentaremos contactar cos responsables pra atopar respostas.

Publicado en INAUGURAMOS O ÁLBUM" PARROQUIAS ESQUECIDAS" E GOSTARÍANOS CONTAR COAS VOSAS ACHEGAS FOTOGRÁFICAS E COMENTARIOS.QUEREMOS ATOPAR A PARROQUIA MÁIS INEXISTENTE NOS ORZAMENTOS DO CONCELLO. | Comentarios desactivados en CHAPELA

A todo o tecido social, sindical e político…


A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao” e máis a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 anunciamos o pasado mes de xullo a nosa intención de impulsar unha grande convocatoria social, aberta e plural, para demandar a retirada da Cruz do Castro, un dos últimos símbolos fascistas que inda permanecen lamentabelmente na cidade. Esa convocatoria pretendemos que cristalice nun acto reivindicativo, nunha grande concentración cidadá o vindeiro 14 de setembro, por ser a data na que ese monumento á barbarie fascista cumprirá 50 anos desde a súa inauguración no que daquela chamaron Praza División Azul.

Tal e como explicamos públicamente esta iniciativa non parte nin da carraxe nin do ánimo de revancha. Xorde dunha elemental pero fonda dignidade democrática, incompatíbel coa permanencia de símbolos que representan a represión, a persecución e o asasinato. Reclamamos que a cruz do Castro non cumpra nin un ano máis en pé, porque após case tres décadas desde a fin da ditadura franquista, ofende o seu mantemento nun lugar tan emblemático da nosa cidade. Non é tampouco esta unha iniciativa contra ninguén, senón en favor da convivencia democrática que só pode asentarse no respecto, dignificación e reparación das vítimas dun réxime totalitario e brutal.

Após case catro anos desde a aprobación da Lei da Memoria Histórica, insuficiente pero imprescindíbel, entendemos que non hai excusa nin argumentos para que o Concello de Vigo proceda a retirar este monumento.

cartaz

É por iso  dende a Federación Veciñal e a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 facemos un chamamento a tódalas organizacións sociais, políticas e sindicais, a toda a xente de ben, a sumarse a esta iniciativa para botar abaixo dunha vez por todas ese símbolo que nos ofende e que non representa a ninguén. Para reclamar do Concello de Vigo a vontade política que inda non tivo para atender esta demanda social.

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en A todo o tecido social, sindical e político…

VIOLENCIA DA XUNTA Ó FUTURO DA GALIZA.

Dende a FPG Redondela estamos en total desacordo coas medidas tomadas pola Xunta no referente ao Ensino. Apoimos as folgas, manifestacións e paros que realice o colectivo de docentes como resposta á Orden dictatorial  e inviable da Consellería.

Non entendemos como as institucións seguen  sen respectar e promocionar a Educación Pública como o alicerce máis importante para o desenvolvemento dun país cara un futuro esperanzador.

Nos últimos tempos dende a Xunta e o Estado Español, estanse a tomar decisións que menoscaban aínda máis o funcionamento dos centro públicos. Coa desculpa da crise,que seguimos a padecer  @s mesm@s, dende o Parlamento Galego,  pídeselle ao profesorado un pequeno esforzo e a vez solapadamente, conceden axudas e beneficios fiscais aos centros privados que ascende a 250 MILLÓns de euros, cartos que saen dos nosos petos  e en moitos casos favorecen a concertados que seguen a prácticar a segregación por sexos.

Non compartimos  o aumento das horas lectivas, que ten como consecuencias entre outras, a desaparición de 161 postos de traballo só en Galiza e a falta de substitución de  700 docentes xubilados no curso anterior.

Dende a FPG Redondela, entendemos  as modificacións que dende a Xunta plantexan na Orde do 23 de Xuño, como propostas encamiñadas ao deterioramento paulatino da calidade no ensino público, favorecendo a súa privatización que é o fin último que perseguen os actuais gobernos coas súas políticas neoliberais.

Rexeitamos dun modo enérxico  a mensaxe de desprestixio da función docente que dende a Consellería  publicitan para desacreditar as súas protestas ante a opinión pública. Asimesmo,    facemos público o noso apoio e solidariedade con este colectivo por estar en xogo o futuro da nosa mocidade.

Dende a FPG Redondela estamos a prol  dun ensino público, de calidade no que se invista  para mellorar o futuro d@s nos@s fill@s e no que non teñan cabida os recortes que serven para desvíar orzamentos a outras obras e actividades que non satisfacen as necesidades  reais do pobo .

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en VIOLENCIA DA XUNTA Ó FUTURO DA GALIZA.

Redondela precisa un cambio.

A voz de pobo xa falou.

O Cambio.

Efectivamente Redondela precisaba un cambio, laiavámonos de ter un goberno na man do PSOE e BNG, partidos hipoteticamente de esquerdas facendo políticas de dereitas, laiavámonos do que fixeron e do que non fixeron nas nosas parroquias durante os seus mandatos (30 anos), e tamén das políticas de dereitas que o PSOE está a levar a cabo a nivel estatal.

Entón, falando de prácticas, cal é o cambio?, as siglas? (agora goberna o PP). Se non queriamos as políticas de dereitas da coalición anterior, entenderemos pois que este é o cambio que quería Redondela.

Nós, a candidatura da FPG Redondela, cremos enerxicamente que este pobo precisaba e precisa un cambio, un cambio cara a políticas reais de esquerdas. Polo tanto, este non é o cambio (se é que o hai) que queremos e defendemos.

Tamén anunciamos no seu momento e reafirmámonos en que non iamos pactar cotas de goberno, nin con corruptos, nin con vividores, nin con apoltronados, nin con ningunha forza política, xa que entendemos que os pacto poden significar un paso atrás na construción dunha nova realidade. Os pactos de goberno xa pasaron factura a outros partidos políticos deste concello, que cando estaban destinados a ser oposición, apuntáronse ao carro do poder a conta de vender o seu proxecto, a conta da ambición persoal e ás veces, colectiva (errada como demostrou o tempo).

Para nós, os pactos de partidos poderían ser interesantes nun futuro, porén, cremos que deberían ser apuntalados, anunciados e negociados antes das eleccións, sempre con claridade e transparencia. Mais iso non quere dicir que non se poida chegar a acordos puntuais, non de goberno para nós, non de vantaxes para nós, non de concellerías para nós, non de cartos para nós, non de especulación para nós. Si de responsabilidade, si de posta en valor desas prácticas políticas que entendemos necesarias, si de pór o noso programa enriba da mesa, si de rebaixa de soldos, si de participación e democratización do pobo en política, si de prácticas en definitiva de esquerdas.

A voz do pobo.

Entendemos tamén que este pobo non votou só ao PP, ao PSOE, ao BNG, nin AER. Estes son os partidos que teñen lexítima representación. Porén, o voto nulo (que xa sabemos que non queren participar pero dalgún xeito participan), EU e FPG suman 1529 votos. Nós, cremos que estes votos son da esquerda real ou polo menos os seus votantes decántanse cara esas ideas e se debería tamén pór en valor ou cando menos telo en conta a hora de afirmar ou avaliar a inclinación política do noso pobo.

En todo caso, dende a esquerda non podemos asumir o discurso da lista máis votada, discurso do PP en todo o estado, co que estamos profundamente en desacordo. Se defendemos a democracia e a participación, temos que saber que as minorías son moi importantes para que estas dúas palabras tan  fermosas “democracia e participación” se convertan en realidade e sexan realmente lexítimas.

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en Redondela precisa un cambio.

Amplíase Apostasía

Debido o éxito da convocatoria para apostatar,decidiuse ampliar uns días máis o prazo de recollida de apostacías,poderánse entregar en Cal 3 e na cafetería Royalty.A continuación o formulario imprimible que ten que ir acompañado da fotocopia do D.N.I. (o último apartado de dito borrador cumplimentarase pola organización). 

FORMULARIO APOSTASÍA GZ

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en Amplíase Apostasía

ACAMPADA PROTESTA NA NOITE DO 26 O 27 DE AGOSTO NA ESTACIÓN DE TREN DE CHAPELA.Dende a FpgRedondela pedimos solidariedade @s compañei@s co chamamento que nos fai a Plataforma Salva o Tren.

 Hora
Venres, 26 de Agosto · 20:30 – 23:30

Lugar
Estación do Tren de Chapela (Vigo)

Creado por

Máis información
Ola a tod@s:

Son Lucía Latorre, Voceira da Plataforma Galega “Salva o Tren”.

O vindeiro 27 de Agosto, o Ministerio de Fomento, coa complicidade da Xunta de Galicia, levará a cabo un novo Atentado contra a Sociedade Galega e a sostenibilidade do planeta, “en aras do progreso, disque…” : Chapela, unha poboación de aredor de 10.000 habitantes, limitrofe coa gran cidade de Vigo, quedará sin a sua Estación de Tren, que leva mais du…n seculo prestando servio e facendolle a vida mais doada os seus habitantes. E con esta van xa 17 Estacións do Tren do Pobo eliminadas no Eixo Atlántico, para dar a Benvida Ó AVE, que non para nos pobos e tan só liga grandes cidades, igual que o avion, e co mesmo precio de billete.

En denuncia disa tropelía, pasarei a noite do 26 ó 27 nunha tenda de campaña sobre o asfalto da Estación de Chapela en compaña doutros activistas de Salva o Tren.

O día seguinte o Ministro Blanco en compaña do seu sequito, virá a Vigo para inaugurar a nova e provisional Estación de Guixar, operativa mentras non funcione a Estación de Urzaiz, disenada por un arquitecto estadounidense chamado “Thom Mayne” (os nosos teñen que emigrar) e que lonxe de ser unha estación Moderna e INTERMODAL, e dicir, que acolla a confluencia de todolos medios de transporte nas suas instalacións: Tren de Cercanías, autobus urban e interurban, biclicletas, metro lixeiro, etc, tan só albergará as vías do Tren de Alta Velocidade, e unha gran superficie comercial, que disque creará moitos postos de traballo, pero si os cartos d@s ciedadans son os que són, o certo é que si funciona fará pechar os pequenos comercios de Vigo, ou do contrario terá que pechar él logo de inaugurarse.

Por iso iremos ó dia seguinte 27 (a hora diremola no intre que a coñezamos) a agradecerllelo festexo ó Sr Ministro Blanco e autoridades asistentes, qué teñan a ben despilfarrar tanto carto dos cidadadans mentras están a desmantelar a Sanidade Pública mailas coberturas sociais elementais.

Ise é o seu Progreso. Por iso, pregamosvos a vosa colaboración con tendas de campaña na Estación de Chapela i asistencia o día 27 ó acto inaugural do Ministro Galego Pepe Blanco que tanto progreso trae a esta nosa Terra cos parabens da Xunta de Galicia.

¡Animadevos compañeir@s a defender con uñas e dentes o que nos pertence por xusticia: transporte público para tod@s.

Apertas indignadas e solidarias.

Lucía Latorre
Mail: lucia-procuradores@orange.es
Tfn: 629841411

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en ACAMPADA PROTESTA NA NOITE DO 26 O 27 DE AGOSTO NA ESTACIÓN DE TREN DE CHAPELA.Dende a FpgRedondela pedimos solidariedade @s compañei@s co chamamento que nos fai a Plataforma Salva o Tren.

NOTA DE PRENSA

 

 

 

A Frente Popular Galega (FPG) de Redondela quere facer pública a súa valoración sobre a eliminación da comunicación por tren entre Chapela e Vigo, eliminación consentida, pola práctica política ou por omisión da mesma, polos partidos presentes no Concello.

Dentro de, aproximadamente, quince días vaise eliminar o transporte de viaxeiros e viaxeiras dende Chapela a Vigo e viceversa, que é de vital importancia para manter a comunicación entre a parroquia redondelá e o Concello de Vigo. Esta política incide no desmantelamento do transporte público e ecolóxico, poñendo todos os recursos en fomentar o transporte privado, vía automóbil, moito máis caro e contaminante.

Dende a FPG insistimos na necesidade de fomentar e investir cartos públicos nun transporte para todos e todas e sostíbel, nos planos económico e ecolóxico. Dende o Concello, o último pleno así o demostra, pretenden levar o debate a unha falsa contradición, cando o cerne do mesmo está en ter intención de apostar polo público ou polo privado. Nese pleno falaron da A-57 e da A-59 coma se foran as únicas solucións ao transporte na nosa vila; cando o certo é que deberían apostar por potenciar o transporte público (autobús, tren…) e apostar tamén pola pedagoxía neste sentido. En tempos de crise e de necesario aforro, coma unha vez e outra recalcan todos os partidos, o lóxico sería potenciar o transporte compartido (público) e non o individual (privado) para aforrar cartos e miles de millóns de euros en estradas e subcontratas que fan desaparecer, misteriosamente,  moitos deses cartos. A quen beneficia esta política? Ao cidadán está ben claro que non.

Dende a FPG poñemos en cuestión este modelo e avogamos pola inversión pública e sostíbel. Como iremos agora a Vigo? Dirán que pola senda verde, e nós dicimos que na senda verde só hai ferros e ir camiñando ata Vigo non é compatíbel cos horarios de traballo. Tamén dirán que podemos ir en bicicleta, pero resulta que agora tamén quitan ese servizo porque “resulta caro”. Podemos ir entón no automóbil que debe resultar moi barato (combustíbel, aparcadoiro…), e podemos ir por esa autoestrada que desfixo a parroquia de Chapela e pola que, aínda por riba, temos que pagar 0,75 céntimos de euro.E para mais esperpento agora queren ampliala, igual o fan cos cartos que se aforran no servizo de bicicletas, asi a inversión queda en Chapela.º Esta é a política de transportes que defenden dende o Concello de Redondela (non especificamos partidos porque hai unanimidade), o demais son cortiñas de fume para tentar enganar a nosa intelixencia.

A FPG, así está reflectido no seu programa, defende e defenderá o transporte público como alternativa ao embotellamento das nosas estradas e autoestradas, eliminando así a suposta necesidade de A-57 ou A-59.

Facemos pública tamén a nosa solidariedade cos traballadores e traballadoras de URBASER de Soutomaior, Vilaboa e Pontecaldelas,, que inician unha folga reclamando un convenio digno o vindeiro 16 de agosto. Sabemos de que empresa explotadora falamos, por certo co cosentimento do Concello, pois en Redondela xa tiveron que ir a unha dura folga de 13 días, no ano 2007, para ter un convenio digno. A FPG estivo, está e estará sempre cos traballadores e traballadoras, nunca con quen os explota ou lexitima a súa explotación.

 

 

En Redondela, 11 de agosto de 2011

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en NOTA DE PRENSA

APOSTASÍA

 

“Un dereito irrenunciable”

 

-Contra o despilfarro de centos de millons de €uros pola visita privada do Papa.

 

-Contra a Hipocresía: Millons de APOSTASÍA

“Un dereito irrenunciable”

 

-Contra o despilfarro de centos de millons de €uros pola visita privada do Papa.

 

-Contra a Hipocresía: Millons de xóvenes en Madrid para escoitar al Santo Padre/ e millons de mortos de fame  e sede en Somalia.

 

Mércores,día 17, ás 20,30 horas na Casa da Cultura: Conferencia sobre a Apostasía. Falará JOSÉ LUÍS IGLESIAS, filósofo e profesor da Universidade de Asturias.

 

Xoves, día 18 (visita do Papa a Madrid):

Acto “voluntario” de Apostasía, nos soportais do Concello, con presencia Notarial para dar “fé” do asunto.

 

ACUDE, ASINA E…

LIBÉRATE DAS ATADURAS.

 

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en APOSTASÍA

Exposición co gallo do Día da Patria

A FPG de Redondela ven de recopilar datos e fotografías sobre as orixes do día da Patria Galega. O resultado pódese ver no multiusos da Xunqueira e proximamente nas rúas da vila.

A intención da FPG resúmese nestas verbas: “(…) pola lembranza dos anterg@s e polo porvir d@s nos@s fill@s, polo noso fogar, pola nosa tradición, pola nosa cultura, pola nosa fala, pola nosa prosperidade colectiva, pola limpeza política, pola paz social,vinde a nós.

25 de xullo de 1933 (chamamento asinado por un grupo de mulleres do partido galeguista)

viva o 25 de xullo!! viva a Patria Galega!!!”.

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en Exposición co gallo do Día da Patria