Gañe quen gañe, o pobo traballador galego perde.

O vindeiro 20 de novembro terán lugar as eleccións ao Parlamento español nun contexto de crise sistémica irreversíbel. Os últimos anos demostraron a ineficacia da socialdemocracia e o seu servilismo ao Capital e aos seus órganos de decisión. Os galegos e as galegas afrontamos estes comicios electorais baixo o bipartidismo institucionalizado -e ben atado na transición borbónica- e a complicidade calada dun nacionalismo oficial só pendente de conservar cotas de poder inane.

Por unha banda, a FPG non presentará listas a estas eleccións nun claro xesto de insubmisión ante un xogo onde as cartas están marcadas. Non seremos nós os que lexitimemos esta farsa electoral destinada a tinxir de democráticas as medidas acordadas nas tobas do poder entre o PSOE e o PP. Ambos os dous partidos teñen repartidos os papeis que debe xogar cada quen: os que se chaman socialdemócratas xa cumpriron o acordado, agora tócalle aos liberais; e nós, os traballadores e traballadoras, deberemos asumir o pago das facturas. A nosa non é unha posición irresponsábel, máis ben ao contrario, pois servirá para chamar a atención sobre un marco electoral viciado polos acordos acadados de costas ao pobo (reforma da lei electoral e reforma da Constitución) co obxectivo claro de amarrar todas as pancas do poder do Estado español.

Por outra banda, no momento de urxencia histórica no que se atopa Galiza, a nosa organización segue a amosar a súa dispoñibilidade a promover, participar e apoiar candidaturas soberanistas que loiten contra a ofensiva do Capital. Na altura en que chegan os vindeiros comicios, é obvio que non existe un proxecto maduro situado nestas coordenadas e que a proposta do nacionalismo maioritario renuncia aos mínimos admisíbeis. A FPG comprometerase a traballar na construción de alternativas en base a uns eixos programáticos mínimos de transformación real ao servizo das clases populares galegas, que nós resumimos nos seguintes puntos:

1.- Contra a submisión ao capitalismo.

Todas as reformas impostas nos últimos catro anos deixaron ben clara a función do Parlamento español de crear as condicións necesarias para perpetuar o sistema capitalista como única vía posíbel, xusto cando este sistema amosa máis claramente a súa inviabilidade. O violento axuste neoliberal debe ter unha resposta en forma de mobilización social ampla e a presenza dunha forza soberanista galega nas Cortes debe contribuír a crear un estado de axitación constante, fuxindo do institucionalismo e do pactismo curtopracista. É preciso esixir a derrogación das sucesivas reformas laborais e das pensións, a reconfiguración profunda dos Servizos Públicos de Emprego, a elevación do Salario Mínimo Interprofesional e a participación dos traballadores e das traballadoras na toma de decisións da empresa.

2.- Pola defensa da clase traballadora galega.

Coa entrada de España na Unión Europea no ano 1986, Galiza, pola súa condición de colonia, foi obxecto da destrución da maior parte do seu tecido produtivo. Hoxe, 25 anos despois, estamos nunha situación de máximo risco. A clase traballadora galega non ten futuro baixo estas regras de xogo, e só un xiro copernicano no discorrer das cousas podería devolvernos á historia. A FPG, como partido dos traballadores e traballadoras, avoga pola recuperación dos nosos sectores produtivos e o impulso da soberanía alimentar e enerxética. Cómpre realizar un cuestionamento activo do Estado español e da UE, artellar mecanismos de diálogo pedagóxico coa sociedade galega que amosen a farsa do discurso globalizador e a ruína que está a supor para o noso pobo.

3.- Pola Autodeterminación dos pobos.

A actual crise do sistema está a servir para modificar o mercado laboral cara parámetros decimonónicos, o discurso economicista ultraliberal fíxose totalitario de xeito que varreu da dialéctica calquera outra proposta alternativa. Agora ben, a censura dos medios sistémicos non quere dicir que o debate non exista de feito na rúa. Aínda así, aproveitan o estado de shock social para tomar medidas que eliminen para sempre calquera opción crítica. As reformas electorais e da Constitución antes mencionadas agochan a intención de reforzar o españolismo mediante razóns pseudo económicas. Cómpre levar tamén ás camaras institucionais españolas máis que nunca a necesidade da autodeterminación para sermos nós as e os que escollamos o noso futuro: que a nosa capacidade para decidir non nos sexa expropiada.

4.- Contra a reforma constitucional.

Até o de agora, nos últimos anos, insistiuse na dificultade dunha reforma da Constitución. Todo intento de progresar nos ámbitos democráticos ou nos dereitos dos pobos eran respostados categoricamente negando a reforma. Agora, nun xesto de clara submisión e cesión da súa tan importante soberanía cando se trata de impoñela ás nacións sen estado, os partidos españois PP e PSOE levan a cabo por vía de urxencia unha reforma que ten por única finalidade obedecer as ordes do capitalismo emanadas desde esa misteriosa troika de Bruxelas, utilizando como escusa o control do déficit público. Non din que se o Estado español tivese un problema de déficit ou débeda públicos (en realidade son inferiores á media da Eurozona) non sería polo gasto público, que é dos máis baixos da UE. Tampouco din que o español é o Estado onde menos impostos pagan as grandes fortunas ou onde máis proliferan a evasión de impostos e as fugas de capitais cara paraísos fiscais.

5.- Por unha banca pública nacional, baixo control social.

Os instrumentos financeiros non poden seguir ao servizo da especulación e do enriquecemento duns poucos. As galegas e os galegos temos dereito a que os nosos aforros se xestionen por vías democráticas e transparentes ao servizo do interese común.

6.- Reforma fiscal cara a igualdade social.

É urxente elaborar unha reforma fiscal que, entre outras medidas, eleve a tributación dos tramos máis altos do IRPF, suprima os privilexios da Igrexa católica e remate cos amparos legais de evasión de impostos das grandes fortunas (SICAV e paraísos fiscais). Cómpre, ademais, un plan para atallar a fraude e a economía somerxida.

7.- Pola defensa dos sectores públicos.

A sanidade e a educación son os grandes obxectivos do capital nos vindeiros anos. A súa privatización e conversión en negocio leva implícito que só terán acceso a estes servizos aqueles e aquelas que poidan pagalos, quedando fóra da cobertura do sistema a meirande parte dos galegos e galegas. Defendemos a paralización da mercantilización do ensino a todos os niveis e a esixencia social de recursos públicos como inversión básica e vertebradora do noso futuro. En canto á sanidade, pulamos por un sistema integramente público e gratuíto, sen fórmulas intermedias, nin re-pagos. Cómpre demandar á derrogación da Lei 15/1997, ferramenta fundamentar para crear un negocio privado coa nosa saúde, así como a consideración da asistencia sanitaria como prestación non contributiva.

8.- Pola defensa da nosa lingua.

Os ataques do PP á nosa lingua, animados pola incompetencia do bipartito, son tamén unha cuestión de clase. Entenden que o galego é a lingua do pobo traballador e eles pertencen a outra clase social, identificada con España. Dun só golpe visan eliminar a nosa conciencia de clase e a nosa conciencia de pobo. Cómpre ser intelixentemente intransixentes e defender nas Cámaras españolas a oficialidade real do noso idioma frente á subalternidade que lle outorga o españolismo.

9.- Fronte á Lei de Estranxeiría e ao racismo institucional.

É necesaria unha oposición frontal a toda a lexislación que nega dereitos básicos á poboación migrante. O combate á Lei de Estranxeiría, que reduce ás persoas migrantes a man de obra barata e submisa, debe continuar en todos os espazos onde a esquerda teña presenza.

10.- Contra a antidemocrática lei electoral.

Denunciamos a asfixia ao poder de decisión que deberiamos ter todos e todas. As eleccións do 20N van desenvolverse baixo os gravísimos recortes á pluralidade representativa introducidos polos partidos maioritarios a través dunha reforma da, xa previamente antidemocrática, Lei Orgánica de Réxime Electoral. Esta reforma limita a participación aos partidos con representación parlamentaria, poñendo como condición aos demais que presenten sinaturas que os avalen (o 0’1% da circunscrición electoral correspondente). Se o sistema se asenta na democracia, como é posíbel limitar a participación? Só caben dúas respostas: ou ben pretenden deixar fóra dos ámbitos de poder aos que pretenden mudar as cousas, ou ben non estamos nunha democracia. No fondo as dúas respostas son complementarias.

11.- Por unha alternativa antipatriacal.

No contexto do monólogo neoliberal impleméntanse as políticas de reclusión da muller no fogar, como a suspensión ás axudas de dependencia ou as políticas natalistas alentadas polo nacional-catolicismo. Precisamos dunha alternativa que defenda unha xestión de profundidade para, dunha banda, rachar as estruturas da violencia patriarcal explícita e simbólica que as mulleres sofren cotiamente (a chamada violencia de xénero), e da outra, pule polo desenvolvemento de condicións reais para a plena igualdade en todos os ámbitos da vida social, cultural, económica e política de mulleres e homes, reorientando a nosa forza colectiva cara á fin do patriarcado como sistema da inxustiza social.

12.- Pola acumulación de forzas.

O contexto actual demanda intelixencia e xenerosidade de todas as forzas políticas que non foron cooptadas polo sistema. Iniciativa Internacionalista foi exemplo da ilusión que sementa entre o pobo traballador calquera iniciativa que supoña unha alternativa ao statu quo pactado de costas a todos e todas.

http://frentepopular.gl/?p=966

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en

Santo Estevo de Negros

Como moitos saberedes por Galiza adiante están facendo o Eixo Atlántico de  Alta Velocidade, máis coñecido como AVE este vai chegar a Vigo a través dun túnel  do  redor de 8 km. Precisamente a entrada deste túnel  é en Redondela, concretamente na parroquia de San Estevo de Negros.

Os principais problemas que a veciñanza está a sofrer por mor das obras, ademáis do ruido diario e nocturno, da presenza de camións, da seca dos mananciais ,aumento de fluxo de vehículos pesados,contaminación lumínica,2 cementeiras ,almacenamento de productos químicos sen comprer a normativa,fábrica de dovelas,,destrucción do Camiño de Santiago, tamén están a causar prexuízos de saúde pública, como alerxias, insuficiencias respiratorias ou estrés.

O Ministerio de  Fomento,o Concello e a empresa  non cumpren co Estudo de Impacto Ambiental que a administración marca para este tipo de obras.Estudo que  realiza o Ministerio de Medio Ambiente, e que é de obrigado cumprimento. Naturalmente, isto faise para que as obras afecten o menos posible o entorno, ademáis de contaminar o mínimo…A Declaración de Impacto Medioambiental publicada o xoves, 14 de xullo do 2006, establece claramente que a zona do río Maceiras ten que ser excluída como zona de vertedeiro, xa que constitúe unha “zona de especial vulnerabilidade á contaminación”, por constituír un dos “acuíferos detríticos porosos aluviales, deltaicos y costeros según el EIA” (Asociación Española de Avaliación de Impacto Medioambiental)”.


Almacenamentos de bidóns de productos químicos sen o mínimo cumprimento da normativa.



Fábrica de dovelas (contaminación acústica e ambiental)instalada para aforrar os costes do transporte,obviando o perxuicio na saúde para a poboación.


As actuacións no Val do Maceiras, distan moito da resolución de Impacto Medioambiental, xa que esta zona converteuse no principal vertedoiro de terras de todas as obras, que se están a realizar no concello de Redondela. Como apuntaba o estudo, son numerosos os canais de auga e manantiais que xurden neste val e que desembocan no río. Nun paseo pola zona pódese un decatar que os regatos secaron  e que o Río Maceiras transporta os residuos das obras.A Declaración de Impacto Medioambiental tamén obriga a colocar “barreras de retenciónde sedimentos, balsas de decantación, zanjas de infiltración u otros dispositivos análogos con objeto de evitar el arrastre de tierras a todos los cauces atravesados o próximos al trazado, en especial a los ríos Maceiras…”. O longo de todo o seu curso por San Estevo (ó redor de 1.000 metros), o Maceiras carece de protección específica, salvo en 25 metros, onde foron colocados diversos empaques de palla a un metro do río.


Cintas transportadaras de residuos sólidos.



Cintas transportadoras que traballan día e noite.


Grazas o compañeiro Esteban achegámonos un pouco máis o problema que a veciñanza está a sofrer e que sabemos que loitan por mudalo dende fai anos cun traballo duro e pouco esperanzador dado os resultados.Dende a sección “parroquias esquecidas”queremos sociabilizar as eibas e compartir o traballo da xente que as sofre.

A continuación compartimos o enlace dun  vídeo que resume o atentado  medio ambiental cometido en Santo Estevo de Negros:

http://www.youtube.com/watch?v=Yx5wkzjzsww

Fontes:carencias de legalidade.

Publicado en INAUGURAMOS O ÁLBUM" PARROQUIAS ESQUECIDAS" E GOSTARÍANOS CONTAR COAS VOSAS ACHEGAS FOTOGRÁFICAS E COMENTARIOS.QUEREMOS ATOPAR A PARROQUIA MÁIS INEXISTENTE NOS ORZAMENTOS DO CONCELLO. | Comentarios desactivados en Santo Estevo de Negros

A FPG inicia unha nova etapa tras o seu VI Congreso.

Escrito por GZ on oct 31st, 2011 //

No seu VI Congreso celebrado en Redondela baixo o lema “Alternativa comunista”, a Frente Popular Galega analizou as condicións para a construción dun proxecto de liberación nacional, de xénero e de clase nas actuais condicións de crise sistémica capitalista e agravamento da opresión colonial española.

Neste sentido, os diversos relatorios aprobados incidiron na necesidade de participar naqueles proxectos encamiñados a unha acumulación das forzas de esquerda e soberanistas para mellor enfrontar os desafíos crecentes cos que o Capital e o Estado español pretenden pexar a ascensión do seu inimigo natural, como é o caso da nova Lei Electoral, deseñada ex profeso para impedir a visibilización daquelas minorías máis combativas e contrarias ao seu proxecto de sometemento das nacións e clases que lle son inimigas. Este vieiro unitario xa está en marcha, e os militantes da FPG xuntos en asemblea teimaron no seu compromiso de traballar, desde a honestidade e a humildade, na boa conclusión deste proxecto fundamental para a defensa dos intereses do noso pobo traballador. Así mesmo, a Frente considerou positivo o labor de Causa Galiza nestes últimos anos no cumprimento do seu obxectivo principal: a socialización do dereito á autodeterminación, aínda que tamén olla con preocupación certos comportamentos que poderían estragar coa súa miopía sectaria o forte poder de convocatoria desta plataforma alicerzado na súa pluralidade.

Con respecto á política municipal salientamos a importancia das nosas candidaturas, quer baixo a forma de unidade popular, quer baixo as siglas do Partido, que se erixiron nun dos eixos vertebradores da acción política da Frente Popular Galega ao diferenciarnos desde a praxe local coma fractura coa lóxica do sistema capitalista. Decidiuse, asemade, afondarmos no municipalismo a través dunha campaña nacional que abra a participación, o debate das veciñas e dos veciños arredor do recoñecemento das nosas parroquias como entidades políticas, xurídicas e administrativas, verdadeira ferramenta do poder popular.

No que atinxe á ofensiva do Capital en curso, o congreso da FPG afirmou a necesidade de incidir no traballo de base nos sindicatos galegos clasistas, nomeadamente, na CUT e na CIG, como mellor xeito de combatela, fomentando as iniciativas unitarias encamiñadas cara a unha Folga Xeral Nacional que poña de manifesto a unidade fundamental da clase traballadora galega na loita común.

Con respecto á cuestión de xénero, a Frente Popular Galega realizou unha forte autocrítica, estendida ao común das forzas comunistas que, en xeral, continuamos a adoecer de incomprensión do fenómeno económico, político e social de dominación sobre as mulleres. Nesta liña, analizouse a gravidade da Lei de familia da Xunta de Galicia, baixo a súa dimensión de reforma laboral que pretende enclaustrar ás mulleres nas paredes do fogar. Co fin de impulsar a formación e o debate encol desta cuestión entre as bases aprobouse a constitución da Secretaría das Mulleres.

No tocante á defensa da terra e ecoloxismo, a militancia da FPG estima a voracidade do Capital un problema de saúde pública de solución urxente. O espolio e destrución do medio e a expropiación de recursos comunais como a auga mediante a Lei de Augas aprobada polo goberno de Feijóo, teñen entrado nos últimos tempos nunha espiral ascendente, agresiva e usurpadora que pon en risco, a medio prazo, as condicións precisas para a vida humana no planeta. No caso galego, esta destrución do medio ten ademais un carácter colonial, pois moitos dos encoros, parques eólicos, piscifactorías e centrais térmicas localizadas no noso territorio son de propiedade privada e estranxeira, e non responden a unha planificación das necesidades propias nin, por suposto, socializan as súas ganancias na comunidade que as sustenta. A FPG aposta pola militancia de base nos colectivos ecoloxistas implicados na defensa do medio e pola denuncia activa de todas estas agresións.

Por último, a Frente Popular Galega escolleu para liderar e dirixir este proxecto nos vindeiros anos un Comité Central renovado e composto, na súa maior parte, por militancia moza pero experimentada xa nas loitas sindicais ou estudantís. Mariano Abalo foi considerado, pola súa experiencia, traxectoria e lealdade aos principios do Partido, o militante máis axeitado para desempeñar o labor de Secretario Xeral.

En Redondela, a dezaseis de outubro de 2011.

http://frentepopular.gl/?p=937

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en A FPG inicia unha nova etapa tras o seu VI Congreso.

VI Congreso da FPG en Reboreda.

O Centro Cultural de Reboreda acolle este domingo o VI congreso da Frente Popular Galega, do que sairá a dirección do partido para os próximos catro anos. Un encontro que comezará ás 10.00 horas baixo o lema “Fronte a Crise: Alternativa Comunista”.
Publicado en Novas | Comentarios desactivados en VI Congreso da FPG en Reboreda.

VIlar asaltado por Fenosa.

Estas imaxes envíanoslas Celeste Barciela(AVV San Martiño Vilar de Infesta) e contanos que estas fotos foron tomadas  despois do chamamento dun veciño desquiciado con Fenosa,a nova deste suceso saíu no Faro de Vigo do día 2 de outubro .Según nos informan a AVV acudiron a zona ,pararon a obra ,chamaron a policía para que levantara acta,pero as forzas de seguridade pasaron dos veciñ@s,ainda que os 45min.déronse unha volta por alí máis non pararon.Despois ,cóntannos,chegaron os operadores de Fenosa explicando que ían montar unha torre para millorar o servicio da parroquia.

A AVV  maniféstanos que non se opoñen ás milloras que beneficien á parroquia máis  denuncian que o procedemento foi inadecuado xa que entraron nas propiedades d@s veciñ@s sen previo aviso, comenzando as obras sen consentimento d@s propietari@s .A continuación as fotos do estado no que atopáronse as fincas :

Publicado en INAUGURAMOS O ÁLBUM" PARROQUIAS ESQUECIDAS" E GOSTARÍANOS CONTAR COAS VOSAS ACHEGAS FOTOGRÁFICAS E COMENTARIOS.QUEREMOS ATOPAR A PARROQUIA MÁIS INEXISTENTE NOS ORZAMENTOS DO CONCELLO. | Comentarios desactivados en VIlar asaltado por Fenosa.

Xuntancia ante a carencia de GRUMIR.(RECTIFICACIÓN)

O Concello de Redondela segue sen recuperar o servizo de emerxencias  24 horas imprescindible e de vital importancia para un municipio de máis de 30.000 veciñ@s .

Despois de manter unha xuntanza cos ex-traballadores do GRUMIR,iniciativa deles,na que convidaron a todas as forzas políticas e para asombro noso, PSOE e BNG negáronse a asistir ,o primeiro seica ten a solución máis non a comparte e os segundos estaban ocupados e ademáis non crían procedente reunirse con máis forzas políticas.Incrible pero certo os nosos representantes no Concello non so néganse a acadar solucións nun ben común para a cidadanía porque din que senón outros sacarán beneficio nas urnas,senón que tamén están tan endeusados que non se reúnen con calquera de nós que contribuimos ó seu salario.

Na xuntanza os traballadores do Grumir demostraron o traballo que levan realizado,os cartos e tempo que levan invertido pra recuperar os seus postos e a vez para concienciar o pobo da faia dun servizo de emerxencias .Non podemos dicir o mesmo de AER e PP que inda que asistiron a reunión non aportaron ningunha solución nin para Redondela nin para os traballadores.O PP foi quen motivou a desconvocatoria de folga cando, dous días antes das eleccións, prometeulles a restitución do servizo, nun claro xesto de populismo. A abstención de AER deulle a alcaldía ao PP, que a día de hoxe segue sen cumprir a súa promesa electoral co prexuizo que esta situación lle causa aos veciños e veciñas de Redondela.

Os rapaces do GRUMIR en dita reunión achegaron solucións máis o equipo de goberno que son os que realmente poden arranxar  isto non queren colaborar de dita solución máis tampouco aportan ningunha,AER non quere colaborar coas propostas que se fixeron pois entende que a situación depende das interpretacións xurídicas que fan as partes interesadas (Secretaria, Interventor, Avogado dos traballadores de Grumir) de xeito que a solución entenden que é de carácter xurídico. A FPG defende, como sempre fixo, que a solución a este problema só pode darse dende unha óptica política, xudicializar as decisións que deben ser políticas só pode ter como desenlace unha decisión allea ás necesidades do pobo de Redondela. Ante o problema que temos encol da mesa non caben remilgos legais que non se teñen cando por medio están intereses económicos de dubidosa ética.

Nós a FPG Redondela agradecemos ós ex-traballadores do GRUMIR a invitación a esta xuntanza e dende logo apoiámolos como obreiros  e como servizo a comunidade,máis non colaboramos da pantomima dos grupos políticos que falan e falan e non acadan máis que discursos estériles.Inda así temos esperanzas de que os partidos políticos da corporación póñanse as pilas e atopen unha solución para que tod@s estemos protexid@s  e non teña que acontecer unha desgraza para acelerar o proceso de solucións.

folga de fame GRUMIR


Publicado en Novas | Comentarios desactivados en Xuntancia ante a carencia de GRUMIR.(RECTIFICACIÓN)

VILAR

Unha compañeira de Vilar Celeste Barciela mandounos fotos do estado da Fonte de Fandingo,da Baixada dos Eidos,das cunetas Baixada San Martiño, do cadro eléctrico sito na urbanización de Cartas en Vilar ,do parque preto do  Rio Maceiriñas… Dito parque o Concello quéreno pechar,esquecéndose que en Vilar tamén hai cativ@s que precisan zonas de lecer.Estas imaxes foron entregadas no Concello xunto cunhas reclamacións pero inda non acadaron solucións.

Parque Río Maceiriñas

Publicado en INAUGURAMOS O ÁLBUM" PARROQUIAS ESQUECIDAS" E GOSTARÍANOS CONTAR COAS VOSAS ACHEGAS FOTOGRÁFICAS E COMENTARIOS.QUEREMOS ATOPAR A PARROQUIA MÁIS INEXISTENTE NOS ORZAMENTOS DO CONCELLO. | Comentarios desactivados en VILAR

FPG REDONDELA SECUNDA A MANIFESTACIÓN .

Fpg Redondela anuncia que secundará O luns 3 de outubro a
convocatoria por parte da Central Unitaria de Traballadores/as(CUT)
e da Federación Sindical Mundial (FSM) participando na manifestación
global baixo o lema “NIN FAME NIN ESCRAVITUDE .OUTRO SISTEMA É
POSIBLE”.
Fpg anima a cidadanía a saír a rúa en resposta ós ataques que sofremos
@s traballadores/as por parte do sistema capitalista.

A manifestación partirá ás 20 horas dende a Praza de Fdo. O Católico,
para rematar na Porta do Sol.

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en FPG REDONDELA SECUNDA A MANIFESTACIÓN .

NOTA DE PRENSA(denuncia enviada o venres 16 de setembro ó Faro de Vigo publicárona o martes 27 de setembro contrastada co concelleiro de medio ambiente asegurando que esta primeira semán de outubro retomarían as obras do camiño do Subido .O contido referente o paso peonil e da Ap9 non foi publicado de momento.)

Fpg Redondela denuncia que tras  chamar  ó Concello pra preguntar polas obras no camiño do Subido en Chapela,a oficiña de contratación respostounos que as obras están paradas debido a unha modificación no proxecto e que dende o Concello non podían facer nada xa que é unha obra licitada pola Deputación e derivada a unha empresa de A Coruña chamada Proyecta. Explicámoslle que o estado da obra paralizada con toda a tubaxe  ó descuberto pola beira  da estrada entorpece a vida cotiá dos veciños debido o ser unha zona sen beirarrúas é un perigo camiñar,levar un carrito ,silla de rodas e inclusive,debido os enormes buratos ,conducir calquer tipo de vehículo. Dende ó Concello informáronnos que non sabían cando se retomaría o traballo.Ante a nosa insistencia á falta de datas e datos instáronnos a presentar un escrito no Rexistro do Concello.Entendemos coma deixadez vergoñosa esta obra e seguiremos a pedir responsabilidades,xa que o Concello non pode eludir as súas competencias escudándose nun investimento da Deputación, dende a Corporación teñen que velar polo benestar cidadá de tódalas parroquias.Dende a Fpg Redondela seguiremos ata que o concelleiro Cándido Vilaboa de respostas e acade solucións pra c@s veciñ@s.

Por outra banda tamén apoiamos a denuncia feita pola Asociación de veciñ@s de Chapela referente á ponte peonil que cruza as vías, a altura do Restaurante Casa Cándido,que agora faise imprescindibel ó seren o único acceso para @s viciñ@s de parte de Cubillón e parte de Cardona, xa que co incremento do tráfico ferroviario valaron os accesos  pois ben, temos a  ponte en condicións  catastróficas,seica estes días fixeron un apaño pero insuficiente e case diríamos insultante pois non soluciona o problema de mobilidade é moito menos transmite seguridade.

Para mais leemos no periódico, que o señor alcalde está en xuntanzas co concelleiro de infraestruturas, e que falan da prioridade da A57, falan da A59, porén o señor Agustín Hernández  responsable de infraestruturas da Xunta de Galiza saíu na prensa recentemente posicionándose a favor da necesidade da ampliación de Rande e da  AP9, nembargantes disto que si afecta a Chapela, e que o pareceres o alcalde tense posicionado na  contra, desto non falan. Por favor teñan un pouco de coherencia, que o pobo non é parvo.

Publicado en INAUGURAMOS O ÁLBUM" PARROQUIAS ESQUECIDAS" E GOSTARÍANOS CONTAR COAS VOSAS ACHEGAS FOTOGRÁFICAS E COMENTARIOS.QUEREMOS ATOPAR A PARROQUIA MÁIS INEXISTENTE NOS ORZAMENTOS DO CONCELLO. | Comentarios desactivados en NOTA DE PRENSA(denuncia enviada o venres 16 de setembro ó Faro de Vigo publicárona o martes 27 de setembro contrastada co concelleiro de medio ambiente asegurando que esta primeira semán de outubro retomarían as obras do camiño do Subido .O contido referente o paso peonil e da Ap9 non foi publicado de momento.)

QUE OPINA A ALCALDÍA DA FOLGA DOS/AS MESTRES/AS?

FPG Redondela esixe un posicionamento dende a Corporación Municipal pola folga dos Centros de Ensino do Concello de Redondela.Entendemos que o PP de Redondela coma responsable da Alcaldía debería terse pronunciado e na contra dos recortes da Xunta ,recortes que tiran polo chan o futuro académico d@s cativ@s d@s traballadores/as que apostan polo Ensino Público.Imaxinamos que coma é competencia da Consellería de Educación o Alcalde e os Concelleiros non son quen de defender os intereses d@s nos@s fill@s.
Na Galiza somos 315 Concellos cremos firmemente que si todos se posicionaran podíamos mudala realidade comarcal que neste momento sendo gobernados por partidos políticos supeditados ,a Santiago no “millor” dos casos e a Madrid no caso de Redondela ,é imposible.
Nos coma partido político , coma pais e nais ,coma parte do pobo do Concello de Redondela mostramos a nosa preocupación pola falta de sensibilidade dos gobernantes cara a Ensinanza Pública.

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en QUE OPINA A ALCALDÍA DA FOLGA DOS/AS MESTRES/AS?