COMUNICADO DA FRENTE POPULAR GALEGA

A FPG de Redondela, quere apoiar e difundir no posible as mobilizacións que se estan a levar a cabo tódolos xoves perante o Concello de Redondela, dende as 12h as 12:25h, como protesta os últimos recortes que afectan sobre todo o funcionariado, xa que lle retiran a paga de Nadal, asemade alviscanse despidos colectivos, para os cales xa se esta preparada unha lei, porén dende o noso punto de vista, todo isto non deixa de afectar a toda a clase traballadora e a todo o conxunto da sociedade.

Nestes convulsos tempos que nos tocan vivir, non podemos permanecer alleos, non podemos asumir o discurso de cada un que mire por si mesmo, non podemos escusarnos no que os demais fan ou deixan de facer,temos a obriga de tomar partido.

Así non podemos sair deste embrollo, para saír da crise debemos facer todo o contrario do que se fai, por que non paga o IBI a igresia?, por que non se suben as cotizacións das grandes fortunas como noutros paises como Francia?, por que os cartos que veñen de Europa van a parar os bancos?, etc, por que?,pois polo que sabemos todas, por que os que nos gobernan son deles, son do seu equipo, da súa clase, do seu gremio, e levaban anos, moitos anos  intentando sacar adiante todas as medidas que hoxe, coa excusa da crise, nos tocan, e nos van tocar sufrir e padecer.

O pobo é , solidario e altruista, o pobo é sobradamente intelixente, e sabe de que lado esta, por moito que as eleccións as gañe a dereita, o sentir do pobo realmente non se corresponde cos ideais que defenden estes, só falta darse conta, só falta o sermolo, só falta a ferramenta axeitada, para que un día espertemos todas, namentras “non importa aguardarei polo alvor dun novo día”

Por iso pedimos a todas e tódolos cidadans e xentes do común como nos mesmos, que teñan altura de miras, e apoien as mobilizacións dos traballadores e traballadoras, xa que inda que pidan para eles, estan pedindo para todas.

O FUTURO ESTA EN XOGO, NON QUEDES NA BANCADA, VEN A DISPUTAR O PARTIDO.

Esta entrada foi publicada en Novas. Garda a ligazón permanente.