Santo Estevo de Negros

Como moitos saberedes por Galiza adiante están facendo o Eixo Atlántico de  Alta Velocidade, máis coñecido como AVE este vai chegar a Vigo a través dun túnel  do  redor de 8 km. Precisamente a entrada deste túnel  é en Redondela, concretamente na parroquia de San Estevo de Negros.

Os principais problemas que a veciñanza está a sofrer por mor das obras, ademáis do ruido diario e nocturno, da presenza de camións, da seca dos mananciais ,aumento de fluxo de vehículos pesados,contaminación lumínica,2 cementeiras ,almacenamento de productos químicos sen comprer a normativa,fábrica de dovelas,,destrucción do Camiño de Santiago, tamén están a causar prexuízos de saúde pública, como alerxias, insuficiencias respiratorias ou estrés.

O Ministerio de  Fomento,o Concello e a empresa  non cumpren co Estudo de Impacto Ambiental que a administración marca para este tipo de obras.Estudo que  realiza o Ministerio de Medio Ambiente, e que é de obrigado cumprimento. Naturalmente, isto faise para que as obras afecten o menos posible o entorno, ademáis de contaminar o mínimo…A Declaración de Impacto Medioambiental publicada o xoves, 14 de xullo do 2006, establece claramente que a zona do río Maceiras ten que ser excluída como zona de vertedeiro, xa que constitúe unha “zona de especial vulnerabilidade á contaminación”, por constituír un dos “acuíferos detríticos porosos aluviales, deltaicos y costeros según el EIA” (Asociación Española de Avaliación de Impacto Medioambiental)”.


Almacenamentos de bidóns de productos químicos sen o mínimo cumprimento da normativa.



Fábrica de dovelas (contaminación acústica e ambiental)instalada para aforrar os costes do transporte,obviando o perxuicio na saúde para a poboación.


As actuacións no Val do Maceiras, distan moito da resolución de Impacto Medioambiental, xa que esta zona converteuse no principal vertedoiro de terras de todas as obras, que se están a realizar no concello de Redondela. Como apuntaba o estudo, son numerosos os canais de auga e manantiais que xurden neste val e que desembocan no río. Nun paseo pola zona pódese un decatar que os regatos secaron  e que o Río Maceiras transporta os residuos das obras.A Declaración de Impacto Medioambiental tamén obriga a colocar “barreras de retenciónde sedimentos, balsas de decantación, zanjas de infiltración u otros dispositivos análogos con objeto de evitar el arrastre de tierras a todos los cauces atravesados o próximos al trazado, en especial a los ríos Maceiras…”. O longo de todo o seu curso por San Estevo (ó redor de 1.000 metros), o Maceiras carece de protección específica, salvo en 25 metros, onde foron colocados diversos empaques de palla a un metro do río.


Cintas transportadaras de residuos sólidos.



Cintas transportadoras que traballan día e noite.


Grazas o compañeiro Esteban achegámonos un pouco máis o problema que a veciñanza está a sofrer e que sabemos que loitan por mudalo dende fai anos cun traballo duro e pouco esperanzador dado os resultados.Dende a sección “parroquias esquecidas”queremos sociabilizar as eibas e compartir o traballo da xente que as sofre.

A continuación compartimos o enlace dun  vídeo que resume o atentado  medio ambiental cometido en Santo Estevo de Negros:

http://www.youtube.com/watch?v=Yx5wkzjzsww

Fontes:carencias de legalidade.

Esta entrada foi publicada en INAUGURAMOS O ÁLBUM" PARROQUIAS ESQUECIDAS" E GOSTARÍANOS CONTAR COAS VOSAS ACHEGAS FOTOGRÁFICAS E COMENTARIOS.QUEREMOS ATOPAR A PARROQUIA MÁIS INEXISTENTE NOS ORZAMENTOS DO CONCELLO.. Garda a ligazón permanente.