Xuntancia ante a carencia de GRUMIR.(RECTIFICACIÓN)

O Concello de Redondela segue sen recuperar o servizo de emerxencias  24 horas imprescindible e de vital importancia para un municipio de máis de 30.000 veciñ@s .

Despois de manter unha xuntanza cos ex-traballadores do GRUMIR,iniciativa deles,na que convidaron a todas as forzas políticas e para asombro noso, PSOE e BNG negáronse a asistir ,o primeiro seica ten a solución máis non a comparte e os segundos estaban ocupados e ademáis non crían procedente reunirse con máis forzas políticas.Incrible pero certo os nosos representantes no Concello non so néganse a acadar solucións nun ben común para a cidadanía porque din que senón outros sacarán beneficio nas urnas,senón que tamén están tan endeusados que non se reúnen con calquera de nós que contribuimos ó seu salario.

Na xuntanza os traballadores do Grumir demostraron o traballo que levan realizado,os cartos e tempo que levan invertido pra recuperar os seus postos e a vez para concienciar o pobo da faia dun servizo de emerxencias .Non podemos dicir o mesmo de AER e PP que inda que asistiron a reunión non aportaron ningunha solución nin para Redondela nin para os traballadores.O PP foi quen motivou a desconvocatoria de folga cando, dous días antes das eleccións, prometeulles a restitución do servizo, nun claro xesto de populismo. A abstención de AER deulle a alcaldía ao PP, que a día de hoxe segue sen cumprir a súa promesa electoral co prexuizo que esta situación lle causa aos veciños e veciñas de Redondela.

Os rapaces do GRUMIR en dita reunión achegaron solucións máis o equipo de goberno que son os que realmente poden arranxar  isto non queren colaborar de dita solución máis tampouco aportan ningunha,AER non quere colaborar coas propostas que se fixeron pois entende que a situación depende das interpretacións xurídicas que fan as partes interesadas (Secretaria, Interventor, Avogado dos traballadores de Grumir) de xeito que a solución entenden que é de carácter xurídico. A FPG defende, como sempre fixo, que a solución a este problema só pode darse dende unha óptica política, xudicializar as decisións que deben ser políticas só pode ter como desenlace unha decisión allea ás necesidades do pobo de Redondela. Ante o problema que temos encol da mesa non caben remilgos legais que non se teñen cando por medio están intereses económicos de dubidosa ética.

Nós a FPG Redondela agradecemos ós ex-traballadores do GRUMIR a invitación a esta xuntanza e dende logo apoiámolos como obreiros  e como servizo a comunidade,máis non colaboramos da pantomima dos grupos políticos que falan e falan e non acadan máis que discursos estériles.Inda así temos esperanzas de que os partidos políticos da corporación póñanse as pilas e atopen unha solución para que tod@s estemos protexid@s  e non teña que acontecer unha desgraza para acelerar o proceso de solucións.

folga de fame GRUMIR


Esta entrada foi publicada en Novas. Garda a ligazón permanente.