VIOLENCIA DA XUNTA Ó FUTURO DA GALIZA.

Dende a FPG Redondela estamos en total desacordo coas medidas tomadas pola Xunta no referente ao Ensino. Apoimos as folgas, manifestacións e paros que realice o colectivo de docentes como resposta á Orden dictatorial  e inviable da Consellería.

Non entendemos como as institucións seguen  sen respectar e promocionar a Educación Pública como o alicerce máis importante para o desenvolvemento dun país cara un futuro esperanzador.

Nos últimos tempos dende a Xunta e o Estado Español, estanse a tomar decisións que menoscaban aínda máis o funcionamento dos centro públicos. Coa desculpa da crise,que seguimos a padecer  @s mesm@s, dende o Parlamento Galego,  pídeselle ao profesorado un pequeno esforzo e a vez solapadamente, conceden axudas e beneficios fiscais aos centros privados que ascende a 250 MILLÓns de euros, cartos que saen dos nosos petos  e en moitos casos favorecen a concertados que seguen a prácticar a segregación por sexos.

Non compartimos  o aumento das horas lectivas, que ten como consecuencias entre outras, a desaparición de 161 postos de traballo só en Galiza e a falta de substitución de  700 docentes xubilados no curso anterior.

Dende a FPG Redondela, entendemos  as modificacións que dende a Xunta plantexan na Orde do 23 de Xuño, como propostas encamiñadas ao deterioramento paulatino da calidade no ensino público, favorecendo a súa privatización que é o fin último que perseguen os actuais gobernos coas súas políticas neoliberais.

Rexeitamos dun modo enérxico  a mensaxe de desprestixio da función docente que dende a Consellería  publicitan para desacreditar as súas protestas ante a opinión pública. Asimesmo,    facemos público o noso apoio e solidariedade con este colectivo por estar en xogo o futuro da nosa mocidade.

Dende a FPG Redondela estamos a prol  dun ensino público, de calidade no que se invista  para mellorar o futuro d@s nos@s fill@s e no que non teñan cabida os recortes que serven para desvíar orzamentos a outras obras e actividades que non satisfacen as necesidades  reais do pobo .

Esta entrada foi publicada en Novas. Garda a ligazón permanente.