Posicionamentos

 

“LEVANTAMANTO DAS VÍAS EN CHAPELA”

As asociacións, colectivos, organizacións e partidos políticos reunidos en asemblea queren dar o seu posicionamento a prol da participación cidadá e en contra das decisións políticas tomadas polo Ministerio de Fomento. Neste caso queremos manifestarnos sobre o proxecto de levantar as vías en Chapela para a futura construción dun paseo denominado “Senda Verde”.

En primeiro lugar, cómpre dicir que se ben é certo que este posible levantamento das vías lle afecta directamente aos veciños e veciñas de Chapela, non é menos certo que o plan de mobilidade e de transporte público metropolitano lle afecta non só ás parroquias do noso concello, senón que tamén ás outras anexas como, poñamos por caso, á de Teis.

Estamos firmemente convencidos e convencidas de que a solución ao colapso do tráfico pasa porque apostemos, definitivamente, por un transporte público de proximidade, que sendo económicamente viábel, de calidade e sostíbel, dea o servizo nun futuro próximo e arelado.

 

É por iso que nos posicionamos a favor dunha Estación Intermodal en Urzáiz. Sirvan de exemplos de todo isto as comarcas en todo o Estado que sen seren máis grandes nin importantes cá nosa, están dotadas de estacións intermodais. Polo tanto, somos conscientes de que a verdadeira aposta de futuro pasa porque nesta estación conflúan o AVE, o Tren de Proximidade (que arestora non existe) e as Liñas de Autobuses, co obxectivo de comunicarnos con toda a contorna, tanto coa cidade de Vigo como coa súa comarca.

Non entenderíamos que se tomasen decisións dende un punto de vista “tan”localista, que polo beneficios duns poucos veciños da zona  prexudicase  o resto da poboación, sen ter en conta o posicionamento da maioría dos afectados e afectadas. E referímonos con isto tanto ao Consello Parroquial de Chapela (Decisión tomada polo voto de calidade do representante do alcalde, co apoio dos Partidos Políticos e  ca oposición da maioría dos colectivos veciñais e Asociación de Electores) , como tamén ao Concello de Vigo, Redondela e outros.”

Asemade, sabemos que, grazas única e exclusivamente á mobilización de moitos colectivos, liderados pola Plataforma Salva o Tren, quen se posicionou moi acertadamente contra o levantamento das vías, no entanto non se deseñase e se puxese en marcha un plan de mobilidade ferroviaria, e grazas, como non podía ser doutro xeito, a termos a razón e a coherencia da nosa banda, temos hoxe enriba da mesa modificacións sustanciais nun proxecto que deixaba Galiza sen a posibilidade de se dotar para o futuro dun servizo de transporte público e de calidade.

 

Por iso, aínda que non esteamos per se en contra da construción de ningún paseo ou senda verde e aínda que non esteamos en contra de que o tren vaia polas vías de abaixo (todo o contrario), posicionámonos irrevogabelmente contra o levantamento das vías até que non se propoña e poña en marcha un plano alternativo, que irrenunciabelmente debe apostar polo futuro, arredándose, o máis lonxe posíbel, das trangalladas e dos intereses localistas.

  Grupo de asociacións e colectivos asinantes:

                                              A.V.CHAPELA.

A.V.CEDEIRA.

SALVA O TREN.

ESQUERDA UNIDA.

 

ASOCIACIÓN AFECTADOS AUTOPISTA CHAPELA.

 

A.V.ALVEDOSA DE REBOREDA.

 

A.V.CESANTES.

 

LOAIRA ASOC.PARA O CONSUMO RESPONSABEL.

 

A.V.SARAMAGOSO O VISO.

 

PLATAFORMA NA DEFENSA DA ENSEADA DE SAN SIMÓN.

 

A.V.FONTE DO ALLO.

 

SOCIEDADE LABREGO CULTURAL DE REBOREDA.

 

PLATAFORMA CIDADÁ DE REDONDELA.

 

A.V.VENTOSELA.

 

FEDERACIÓN AA VV REDONDELA.

 

AER.

 

ALÉN NÓS.

 

A.A.V.E.D.A.  ASOC. DE  AFECTADOS  DO AVE E DEFENSA MEDIOAMBIENTAL VAL DO MACEIRAS.

 

CHAN DAS PIPAS SAXAMONDE.

 

AAVV EIDOS DE QUINTELA.

 

AV SANTA MARÍA O VISO.

 

CUT.

 

COLECTIVO REPUBLICANO REDONDELA.

 

ACD DE RANDE.

 

COMUNIDADE DE MONTES CHAPELA.

 

A.V. ESCREDO

 

.ASOCIACIÓN FOLCLÓRICA ANAQUIÑOS DE CHAPELA.

 

A.V.O EIXO  DE SOTOXUSTE

 

FPG.

 


REDONDELA PRECISA UN CAMBIO.

A voz de pobo xa falou.

O Cambio.

Efectivamente Redondela precisaba un cambio, laiavámonos de ter un goberno na man do PSOE e BNG, partidos hipoteticamente de esquerdas facendo políticas de dereitas, laiavámonos do que fixeron e do que non fixeron nas nosas parroquias durante os seus mandatos (30 anos), e tamén das políticas de dereitas que o PSOE está a levar a cabo a nivel estatal.

 

Entón, falando de prácticas, cal é o cambio?, as siglas? (agora goberna o PP). Se non queriamos as políticas de dereitas da coalición anterior, entenderemos pois que este é o cambio que quería Redondela.

 

Nós, a candidatura da FPG Redondela, cremos enerxicamente que este pobo precisaba e precisa un cambio, un cambio cara a políticas reais de esquerdas. Polo tanto, este non é o cambio (se é que o hai) que queremos e defendemos.

 

Tamén anunciamos no seu momento e reafirmámonos en que non iamos pactar cotas de goberno, nin con corruptos, nin con vividores, nin con apoltronados, nin con ningunha forza política, xa que entendemos que os pacto poden significar un paso atrás na construción dunha nova realidade. Os pactos de goberno xa pasaron factura a outros partidos políticos deste concello, que cando estaban destinados a ser oposición, apuntáronse ao carro do poder a conta de vender o seu proxecto, a conta da ambición persoal e ás veces, colectiva (errada como demostrou o tempo).

 

Para nós, os pactos de partidos poderían ser interesantes nun futuro, porén, cremos que deberían ser apuntalados, anunciados e negociados antes das eleccións, sempre con claridade e transparencia. Mais iso non quere dicir que non se poida chegar a acordos puntuais, non de goberno para nós, non de vantaxes para nós, non de concellerías para nós, non de cartos para nós, non de especulación para nós. Si de responsabilidade, si de posta en valor desas prácticas políticas que entendemos necesarias, si de pór o noso programa enriba da mesa, si de rebaixa de soldos, si de participación e democratización do pobo en política, si de prácticas en definitiva de esquerdas.

 

A voz do pobo.

 

Entendemos tamén que este pobo non votou só ao PP, ao PSOE, ao BNG, nin AER. Estes son os partidos que teñen lexítima representación. Porén, o voto nulo (que xa sabemos que non queren participar pero dalgún xeito participan), EU e FPG suman 1529 votos. Nós, cremos que estes votos son da esquerda real ou polo menos os seus votantes decántanse cara esas ideas e se debería tamén pór en valor ou cando menos telo en conta a hora de afirmar ou avaliar a inclinación política do noso pobo.

 

En todo caso, dende a esquerda non podemos asumir o discurso da lista máis votada, discurso do PP en todo o estado, co que estamos profundamente en desacordo. Se defendemos a democracia e a participación, temos que saber que as minorías son moi importantes para que estas dúas palabras tan  fermosas “democracia e participación” se convertan en realidade e sexan realmente lexítimas.


MANIFESTO  VISITA DO PAPA

As asociacións, colectivos e partidos políticos que asinan, por medio do presente documento queren facer constar:

A historia humana comproba que a relixión perverte o concepto do home ao respecto da vida e do Universo; que o transforma nun covarde submiso antes as forzas cegas da natureza.

Se vostede pensa que hai un deus, que o home foi “criado” e lle foi prohibido xantar o froito da “árbore do coñecemento”, que foi desobediente, que é un “anxo caído”, que está a pagar a penitencia polos seus pecados, entón pertence ao grupo dos que pasan seu tempo rezando para satisfacer a un deus iracundo e ciumento.

Se, en contrapartida, pensa que o Universo é un gran misterio, que o home é produto da evolución, que nace sen calquera coñecemento previo, que a intelixencia é froito da experiencia, entón vostede usa seu tempo e enerxía para mellorar a súa condición, na esperanza de garantir unha pequena felicidade para si e para seus semellantes. A vostede nos diriximos.

Se o home foi “criado”, entón alguén cometeu un grave engano. É inconcibible que calquera forma de intelixencia desperdiciara tanto tempo e esforzo para producir un fragmento de vida tan inferior, con todas as “doenzas herdadas pola carne” e con toda a miseria e sufrimento que son parte tan esencial da vida.

No caso concreto dos que vivimos nesta parte do Mundo denominada Galicia, a Igrexa Católica aprovéitase dunha tradición secular, como é a celebración dos nacementos, para incrementar de forma ilexítima a súa implantación social. O bautizo non é unha simple celebración, é un “sacramento” que presupón o ingreso do recen nacido nunha comunidade relixiosa e provoca que moitos cidadáns, ao acadar a maioría de idade, se atopen formando parte dunha confesión relixiosa que non escolleron e que non se corresponde coas súas ideas. Se vostede é parte dese grupo de homes e mulleres que non queren estar nese club ao que pertence sen que ninguén lle preguntara a súa opinión, saiba que está en situación de reverter esta situación e evitar que esa confesión relixiosa obteña proveito da súa pasividade, pois é posible exercer o lexítimo dereito á apostasía.

Moitas son as persoas que, sen ter devoción relixiosa nin solicitalo expresamente, foron bautizadas e, como consecuencia, figuran oficialmente como “crentes” na base de datos da Igrexa Católica. Esta base de datos é utilizada polo organismo relixioso para imporse un estatus privilexiado, reclamar subvencións e axudas ao Estado e forzar a todo tipo de institucións públicas a tomar decisións que van contra vostede como ser único, libre e extraordinario.

Existe un procedemento para que a Igrexa Católica suprima os datos do libro de bautismo e oficialmente deixe de contar connosco como afiliado á súa relixión. Este procedemento denomínase apostasía, que non é outra cousa máis que a solución a tantos séculos de opresión, condena, manipulación ideolóxica, castracións psicolóxicas e un sen fin de vulneracións dos dereitos e liberdades que temos como seres humanos.

Cremos necesario o dereito de negarlle á Igrexa e seus bispos esa propiedade que se auto outorgaron sobre a vida e a morte dos demais, a sexualidade e a familia ou sobre o que está ben e o que está mal. Pero é que ademais cremos que o feito de liberármonos “oficialmente” do xugo e custodia desta camarilla debe ser un acto de celebración público e colectivo.

É por iso que os colectivos, asociacións e partidos políticos que asinamos invitamos á cidadanía a exercer ese dereito nun acto de celebración público e colectivo, dirixido contra quen, dende hai dous mil anos, dirixe e goberna a vida pública e privada de cada un dos habitantes deste noso país.

Os que nos expresamos de acordo con este manifesto queremos, tamén,  tal e coma establece o artigo 16 da Constitución española, que desapareza calquera simboloxía relixiosa nos actos de carácter público, xa sexan os crucifixos das escolas ou das tomas de posesión dos ministros ou a presenza das corporacións municipais das procesións, en tanto en canto representan a crentes e non crentes e, a tal fin, expresamos o noso desexo de que a Administración Pública, en todas as súas manifestacións locais, provinciais, autonómicas ou estatais teña finalmente en conta a aconfesionalidade expresada no texto constitucional, desaparecendo a simboloxía relixiosa da actividade e do protocolo, entendendo que, en todo caso, esa simboloxía debe quedar estritamente reducida ao ámbito privado.

Finalmente, pensamos que este actual momento de crise, no que se obriga á cidadanía a perder moitos dos seus dereitos, é o instante perfecto para facer  desaparecer da vida pública calquera tributo ou imposto que o Estado español siga a pagar “relixiosamente” a esoutro Estado disperso por todo o mundo, pero que ten a súa sé central encravada en Roma.

Porque é de xustiza o esiximos.

 

.


 

 

Non á lei de familia!

A FPG rexeita a lei de familia polo seu carácter patriarcal e retrógado.

protesta contra a lei de familia,o día 28 de xuño diante do parlamento galego.

Posicionamonos en contra desta lei apoiando a todos os movementos que a pe de rúa a rexeitaron dunha maneira activa .Dende a FPG entendemos que esta nova norma xa en vixencia supon un atraso nos dereitos e liberdades das mulleres galegas,recuperando o seu rol machista e entendendo o papel da muller únicamente como nai e coidadora.Promove as privatizacións dos servicios públicos , falta da libertade na decisión da maternidade e agrava máis a desigualdade xa existente .Coma sempre ante a crise do Capital os recortes os sufrimos as mulleres.

imaxe da plataforma organizacións feministas

A continuación compartimos e asinamos o MANIFESTO DA PLATAFORMA DE ORGANIZACIÓNS FEMINISTAShttp://www.nonaleidefamilia.org/.

REXEITAMOS A LEI DO CANON DA AUGA

MANIFESTO  DA PLATAFORMA CONTRA A LEI DE AUGAS

As organizacións asinantes deste manifesto CONSIDERAMOS que:
A auga é fundamental para as persoas, os animais e as plantas; é indispensable para a vida
e para o sostemento do planeta polo que debe considerarse pública e universal, e debe cumprir

antes de nada una función social de alimento e de hixiene. Neste sentido toda normativa sobre as

augas deberá prohibir que se privatice, se saque beneficio ou se especule coa auga.

As organización asinantes asumimos a sustentabilidade e a racionalidade como principios

nos que asentar a xestión deste recurso básico para a vida.

Os gobernos deben garantir o subministro e a calidade da auga para o consumo e o uso

responsable a toda a poboación, con independencia de si viven no rural ou en áreas urbanas ou do

grado de dispersión do asentamento. Tamén deben garantir os gobernos auga suficiente e de

calidade para os animais e para a agricultura labrega como actividade de produción de alimentos

para a poboación.

 

 

A Lei de Augas de Galicia, supón o apropiamento e a privatización de todas as augas de
Galiza, fixando ademais prezo a auga, un canon que establece sobre toda a auga, a maiores do
prezo do subministro que determinan os concellos ou as entidades subministradoras e a maiores

tamén do canón de vertido ou coeficiente de vertedura.

Ata o de agora pagamos polo subministro e a depuración, cando se nos prestan eses

servizos. Con esta lei amais de pagar polo servizo, pagaremos polo ben, a auga pasa a ter un prezo.

Todas as augas sexan de subministro público ou dos veciños, da superficie ou do subsolo, nazan en

finca pública ou privada, incluso a da chuvia e a do mar, de aproveitarse haberá que pagar un

prezo.

A lei traspasa todas as competencias en materia de augas que ten Galiza a unha empresa:

Augas de Galicia que funciona segundo o dereito privado e é xuridicamente unha S.A.,

convertendo a esta empresa na “administración única e ordinaria da política de augas en Galicia,

dándolle todas as competencias que nesta materia lle corresponde á Administración da

Comunidade Autónoma”.

Á vista dos plans de axustamento estrutural dirixidos polo FMI e o Banco Mundial, que se

están a aplicar en cada vez máis lugares de Europa provocando unha histórica recesión dos

dereitos sociais adquiridos durante as últimas décadas, a Lei de Augas senta as bases para a

transferencia futura do “capital auga” a calquera transnacional, coa máis que posíbel privatización

de Augas de Galicia.

Limita a autonomía municipal, obrigando aos concellos a actuar ao servizo da empresa

Augas de Galicia, coa obriga de cobrar o canon, sometendo a planificación urbanística a seu

ditame, supervisando a administración local nas competencias propias en materia de augas,

quitando a potestade de dar permiso de obras cando as acometa a empresa Augas de Galicia.

A Directiva 2000/60/UE, di textualmente ao inicio:“A auga non é un ben comercial como os

demais, se non un patrimonio que hai que protexer, defender e tratar como tal”, polo que a Lei de

Augas de Galicia é contraria ao espírito desta Directiva ao nomear como administración única en

materia de augas a unha empresa de dereito privado, que funciona segundo as leis do libre

comercio. Amais esta Directiva comunitaria obriga a protexer as augas pero non a establecer un

canon polo uso delas.

Asemade, Nacións Unidas aprobou o 28 de xullo de 2010 o proxecto de resolución

A/64/L.63/Rev.1, na que “Declara o dereito á auga potábel e o saneamento como un dereito

humano esencial para o pleno goce da vida e de todos os dereitos humanos”. Os dereitos humanos

nin se compran nin se venden, e moito menos deben ser suxeito de negocios.

E PROPOÑEMOS:

1- A derrogación da Lei de Augas de Galicia.

2- Que todas as augas de Galicia sexan consideradas na lexislación un dereito fundamental

para a vida das persoas, os animais e as plantas. Un ben universal, social, de propiedade común e

de xestión pública e participativa,

3- Que os gobernos e as institucións asuman a súa responsabilidade como factor

contaminante e como planificador e transmisor de hábitos de vida e consumo pouco respectuosos

co medio ambiente e que estabelezan medidas correctoras: á construción de grandes

infraestruturas, á acumulación de poboación en cidades, aos asfaltados masivos de grandes áreas

urbanas, á promoción de industrias contaminantes, aos incentivos ao consumismo, á canalización

de acuíferos, á contaminación por acumulación en encoros, ao non separar as augas pluviais, etc.

4- Priorizar e establecer a gratuidade para o uso da auga como alimento e aseo para as

persoas, os animais e a produción de alimentos no marco da soberanía alimentaria

5- Impedir a construción de mais centrais hidroeléctricas e que as existentes revertan ao

público no remate da súa concesión; impedindo tamén o transvase de auga a outras comunidades.

6- Prohibir por lei a privatización das augas, incluído o subministro e a depuración que

deberán ser públicos e de xestión municipal, veciñal ou particular dependendo da propiedade das

instalacións.

En Santiago de Compostela, marzo de 2011