Se nos tocan a unha, tócannos a todas!!!!

Escrito por FPG on nov 24th, 2012 //

Na data do 25 de novembro as mulleres organizadas decidimos conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia cara as Mulleres, en memoria das Irmáns Mirabal, nas que proxectamos tamén a memoria de moitas compañeiras que diariamente, a cada minuto, a cada segundo, padecen a violencia do patriarcado.

Mais que teñamos marcado no calendario unha data “conmemorativa” non significa que a nosa loita contra as agresións cara as mulleres non sexa diaria. Cada día somos máis as mulleres que fartas de ser vítimas dun sistema inxusto coa metade da poboación, decidimos organizarnos baixo múltiples colectivos, en organizacións feministas, traballando en rede e artellando respostas dende a colectividade feminista para que ningunha agresión quede sen resposta.

Estamos a ser as protagonistas da exclusión, a pobreza, a violencia e a marxinación aos que nos somete o sistema patriarcal imperante. Somos as máis desfavorecidas e expostas aos ataques que, baixo a escusa da crise, están a aplicar os gobernos de Feijoo e Rajoy, facendo cargar sobre as costas das mulleres traballadoras o peso, a culpa e as consecuencias das políticas de austeridade.

As inxustizas están a medrar, e medra tamén exponencialmente as agresións contra as mulleres. Nós somos as vítimas do patriarcado, mais tamén somos, e seremos, as protagonistas da loita que vai tumbar este sistema. E se medran as inxustizas, tamén medra a resistencia das mulleres que demandamos que outro mundo é posible. A autoorganización será vía que nos leve á liberación, porque hoxe en día ser feminista é ser guerrilleira, é ser loitadora e rebelde. É non ter medo a denunciar, porque sabemos que as compañeiras están con nós, por que se nos tocan a unha, tócannos a todas!!!

 

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en Se nos tocan a unha, tócannos a todas!!!!

COMUNICADO DA FRENTE POPULAR GALEGA

A FPG de Redondela, quere apoiar e difundir no posible as mobilizacións que se estan a levar a cabo tódolos xoves perante o Concello de Redondela, dende as 12h as 12:25h, como protesta os últimos recortes que afectan sobre todo o funcionariado, xa que lle retiran a paga de Nadal, asemade alviscanse despidos colectivos, para os cales xa se esta preparada unha lei, porén dende o noso punto de vista, todo isto non deixa de afectar a toda a clase traballadora e a todo o conxunto da sociedade.

Nestes convulsos tempos que nos tocan vivir, non podemos permanecer alleos, non podemos asumir o discurso de cada un que mire por si mesmo, non podemos escusarnos no que os demais fan ou deixan de facer,temos a obriga de tomar partido.

Así non podemos sair deste embrollo, para saír da crise debemos facer todo o contrario do que se fai, por que non paga o IBI a igresia?, por que non se suben as cotizacións das grandes fortunas como noutros paises como Francia?, por que os cartos que veñen de Europa van a parar os bancos?, etc, por que?,pois polo que sabemos todas, por que os que nos gobernan son deles, son do seu equipo, da súa clase, do seu gremio, e levaban anos, moitos anos  intentando sacar adiante todas as medidas que hoxe, coa excusa da crise, nos tocan, e nos van tocar sufrir e padecer.

O pobo é , solidario e altruista, o pobo é sobradamente intelixente, e sabe de que lado esta, por moito que as eleccións as gañe a dereita, o sentir do pobo realmente non se corresponde cos ideais que defenden estes, só falta darse conta, só falta o sermolo, só falta a ferramenta axeitada, para que un día espertemos todas, namentras “non importa aguardarei polo alvor dun novo día”

Por iso pedimos a todas e tódolos cidadans e xentes do común como nos mesmos, que teñan altura de miras, e apoien as mobilizacións dos traballadores e traballadoras, xa que inda que pidan para eles, estan pedindo para todas.

O FUTURO ESTA EN XOGO, NON QUEDES NA BANCADA, VEN A DISPUTAR O PARTIDO.

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en COMUNICADO DA FRENTE POPULAR GALEGA

A rebaixa do soldo do alcalde: unha forma de lexitimar os recortes

Desde a FPG de Redondela transmitimos a nosa valoración negativa a respecto da rebaixa do 7’14% nas retribucións de alcalde  e concelleiros (que si estamos dacordo en que cobran demasiado e propusimos e propoñemos que cobren a metade).

 Este tipo de medidas constitúe un exercicio de demagoxia  ao pretender transmitir a sensación de “solidariedade” ou de “axustes para todos” onde só hai incompetencia, pasividade e rendición dos representantes políticos do PP ás esixencias da grande banca e dos especuladores financeiros.

Se realmente as e os edís do PP pretendesen actuar con “solidariedade”, dimitirían dos seus cargos e abandonarían o partido que está levando á miseria ás clases traballadoras do Estado español. Se desexasen solucionar a crise do sistema co resto doa cidadanía, estarían ao seu carón nas mobilizacións que as centrais sindicais están a convocar estes días contra os recortes do Goberno Rajoy.

Tras esta manobra populista de Javier Bas e a súa corporación atópase o obxectivo de lexitimar os recortes no sector público como solución a unha crise da que non é causa. Nunca escoitaremos ao alcalde de Redondela, nin a ningún membro do seu goberno, pedir subas de impostos para os máis ricos ou reclamar xustiza cos e coas corruptas do seu partido que si parasitan e son prescindibles no sector público.

Na FPG mostraremos activamente que estamos coas e cos empregados públicos, participando de todas as mobilizacións que leven a cabo fronte á rebaixa salarial e á precarización de sanidade e educación. Os e as cargos do PP non son os representantes do pobo, senón dos intereses do grande capital. A súa solidariedade sempre é un engano que persegue a nosa desmobilización

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en A rebaixa do soldo do alcalde: unha forma de lexitimar os recortes

A agresividade patriarcal

O goberno decidiu tomar, co pretexto da crise, medidas de ataque contra a maioría social: á clase traballadora, ao estudantado, á mocidade, ás persoas dependentes… E, como non, a agresividade patriarcal é tamén parte fundamental destas medidas. A Lei de Familia constitúe un ataque frontal á nosa soberanía; unha forma encuberta de Reforma Laboral que pretende meternos de novo na casa. Normativiza a domesticación dos nosos corpos, a privación dos nosos dereitos reprodutivos e sexuais. A reforma da Lei do Aborto afonda nese ataque á nosa soberanía, trasladándonos en pleno 2012 de volta aos anos 80, coa modificación dos prazos polos tres supostos… E xunto con estas leis van os recortes, que máis que recortes son insultos á dignidade das mulleres.

O aprazamento nas melloras da pensión de viudedade, a falta de  financiamento da Lei de Dependencia en Galiza (relegando ás mulleres, a través tamén da Lei de Familia, a seguir exercendo o papel de coidadoras e desenvolvendo un traballo non remunerado que simboliza o 37% do PIB), os recortes aos programas de apoio ás mulleres vítimas da violencia machista, os ataques continuados aos sistemas público de saúde e servizos sociais, a supresión das axudas a cotitulariedade das explotacións agrarias ou a desaparición do programa Arlinga de axudas ás mulleres redeiras… Todas estas son ferramentas do capital para precarizarnos aínda máis, facéndonos á vez responsables da crise do seu modelo político, económico e social; culpándonos do desmantelamento do seu Estado de Benestar (por parir menos ca antes, é dicir, por traer ao mundo menos man de obra barata).

As inxustizas  crecen, máis tamén medra a resistencia das mulleres que demandamos un cambio de sistema. O patriarcado e o capitalismo retroaliméntanse, mantendo as xerarquías entre clases e xéneros. A autoorganización será a vía que nos leve á liberación. Empoderármonos ao carón das organizacións de clase é o pulo no camiño da acción transformadora  que nos levará á igualdade.

Secretaría das Mulleres FPG

Secretaría das Mulleres FPG

 

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en A agresividade patriarcal

Ensino Público e de calidade

Desde a FPG animamos a participar nas mobilizacións do 22 de maio en defensa do Ensino Público:
MANIFESTACIÓNS nas sete cidades galegas. 
Ferrol: ás 20 horas desde o Edificio Administrativo da Xunta 
A Coruña: ás 20 horas desde a praza da Palloza 
Santiago: ás 19:30 desde a praza de Cervantes 
Pontevedra: ás 20 horas desde a praza da Peregrina 
Vigo: ás 20 horas desde o MARCO 
Ourense: ás 20 horas desde a Xef. Territorial de Educación 
Lugo: ás 20 horas desde o Edificio Multiusos da Xunta

( Artigo publicado o 13 Setembro 2011)

 VIOLENCIA DA XUNTA Ó FUTURO DA GALIZA.

Dende a FPG Redondela estamos en total desacordo coas medidas tomadas pola Xunta no referente ao Ensino. Apoimos as folgas, manifestacións e paros que realice o colectivo de docentes como resposta á Orden dictatorial  e inviable da Consellería.

Non entendemos como as institucións seguen  sen respectar e promocionar a Educación Pública como o alicerce máis importante para o desenvolvemento dun país cara un futuro esperanzador.

Nos últimos tempos dende a Xunta e o Estado Español, estanse a tomar decisións que menoscaban aínda máis o funcionamento dos centro públicos. Coa desculpa da crise,que seguimos a padecer  @s mesm@s, dende o Parlamento Galego,  pídeselle ao profesorado un pequeno esforzo e a vez solapadamente, conceden axudas e beneficios fiscais aos centros privados que ascende a 250 MILLÓns de euros, cartos que saen dos nosos petos  e en moitos casos favorecen a concertados que seguen a prácticar a segregación por sexos.

Non compartimos  o aumento das horas lectivas, que ten como consecuencias entre outras, a desaparición de 161 postos de traballo só en Galiza e a falta de substitución de  700 docentes xubilados no curso anterior.

Dende a FPG Redondela, entendemos  as modificacións que dende a Xunta plantexan na Orde do 23 de Xuño, como propostas encamiñadas ao deterioramento paulatino da calidade no ensino público, favorecendo a súa privatización que é o fin último que perseguen os actuais gobernos coas súas políticas neoliberais.

Rexeitamos dun modo enérxico  a mensaxe de desprestixio da función docente que dende a Consellería  publicitan para desacreditar as súas protestas ante a opinión pública. Asimesmo,    facemos público o noso apoio e solidariedade con este colectivo por estar en xogo o futuro da nosa mocidade.

Dende a FPG Redondela estamos a prol  dun ensino público, de calidade no que se invista  para mellorar o futuro d@s nos@s fill@s e no que non teñan cabida os recortes que serven para desvíar orzamentos a outras obras e actividades que non satisfacen as necesidades  reais do pobo .

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en Ensino Público e de calidade

A Conferencia Nacional ante o proceso constituínte dun novo referente político

O pasado sábado 12 de maio tivo lugar en Redondela unha Conferencia Nacional da Frente Popular Galega na que saíu reforzada a aposta pola construción dun novo referente político amplo en defensa dos interes das clases populares galegas. A nosa militancia recoñeceu a validez da proposta dos grupos comarcais e locais de base arredor do que se vén chamando “Novo Proxecto Común” e adquiriu o compromiso de participar de xeito democrático e construtivo nas asembleas abertas, considerándoas a garantía da representatividade para esta nova ferramenta que habemos de artellar entre todas e todos.

A única opción para que o novo proxecto sexa algo novo, unha alternativa real e representativa para as clases traballadoras e a sociedade galega, é que xurda en contacto coa cidadanía e a militancia de base. O outro camiño, o de prefabricar o proxecto a porta pechada, é máis do mesmo, repetirmos erros e esquemas dos que a sociedade xa comeza a manifestar o seu distanciamento e rexeitamento.

Así mesmo, a FPG, consciente da necesaria pluralidade de voces que ten de haber no novo proxecto, anima a todas as forzas políticas, movementos sociais e activistas individuais con sensibilidade de esquerda transformadora, a achegar a súa visión aos grupos de base, enriquecendo e fortalecendo a loita en prol dun novo modelo económico e social para o noso pobo.

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en A Conferencia Nacional ante o proceso constituínte dun novo referente político

A FPG aposta polo monolingüísmo social do galego

Escrito por FPG on may 16th, 2012 //

Vivimos nun país conquistado, a introdución do español no noso país é o resultado dese proceso de conquista no que a imposición da lingua allea se fixo ás veces por medios expresamente violentos, como durante o franquismo, e outras por medios máis sutís pero igualmente efectivos, como na época actual.

Na Frente Popular Galega pretendemos darlle a volta a este proceso histórico de asimilación cultural, loitando pola recuperación total efectiva da nosa lingua mediante a súa designación como lingua vehicular no ensino. Esiximos tamén unha maior cota de galego nos medios de comunicación de masas, a derrogación do chamado Decreto do Plurilingüísmo, e a posta en marcha das medidas precisas para salvagardar unha lingua cualificada pola UNESCO en 2001 como lingua en perigo.

Por todo isto, a FPG estará presente na manifestación deste 17 de maio en Compostela expresando a nosa vontade de defender o patrimonio que mellor nos distingue como Nación: o galego.

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en A FPG aposta polo monolingüísmo social do galego

O futuro do socialismo en Galiza e no mundo

A partir de mañá mércores terán lugar na cidade de Vigo as primeiras xornadas comunistas organizadas pola nosa formación xunto ao colectivo de mocidade ADIANTE.

Para esta primeira edición, a temática de fondo das palestras será o futuro do socialismo, tanto a niven nacional como global.

O mércores 9 de maio ás 18:30 abrirá as xornadas a secretaria de organización de ADIANTE, Laura Sousa, aportando a visión da mocidade a respecto da construción do socialismo. Virá seguida da intervención de Bruno Carvalho, xornalista portugués e militante do PCP, que nos achegará unha análise do estado en que se atopa a esquerda social e política no país veciño. Fayez Badawi, membro da Fronte Popular para a Liberación de Palestina, pechará este primeiro encontro. Cunha charla titulada “As revoltas do mundo árabe desde a perspectiva marxista-leninista” abordaremos tanto os movementos políticos en Túnez, Exipto ou Siria como a actualidade do conflito na faixa de Gaza.

O xoves 10 de maio de novo ás 18:30, tres novas poñentes introducirán o debate. Por unha banda, contaremos coa presenza de Paco Sampedro, filósofo e autor de numerosos ensaios propios, ademais de traducións ao galego de Sartre, Badiou ou Žižek. Presentará unha palestra titulada “Comunismo no século XXI”.  A profesora Lola Ferreiro traeranos a mirada feminista dos procesos revolucionarios e a súa incorporación á loita de clases. Finalmente, Xurxo Martínez González, que vén de publicar “Luís Soto, a xeira pola unidade galega”, fará un breve repaso histórico do movemento comunista e arredista no noso pobo.

O venres 11 de maio, tamén ás 18:30, terá lugar unha mesa redonda coa presenza da práctica totalidade dos partidos que se definen comunistas e actúan no noso país. Xunto a nós, estarán compañeiras e compañeiros de Esquerda Anticapitalista, Movemento Galego ao Socialismo, Partido Comunista de Galicia, Partido Comunista dos Pobos de España, Partido Comunista do Povo Galego e Unión do Povo Galego.

Todos os debates desenvolveranse na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2).

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en O futuro do socialismo en Galiza e no mundo

“Acabada la primera fase de la obra paralizada en Chapela”

Así se titulaba esta noticia do Faro de Vigo o domingo 1 de abril do 2012, na cal faise unha referencia ao compromiso do alcalde de Redondela Sr. Bas, de ter rematadas as obras para o día 30de marzo, así como tamén se incide, en palabras do concelleiro de vías e obras, nas causas alleas ao goberno que fixeron retardar o remate das mesmas.

Estado actual zona Multiusos e correos

Dende a FPG, en primeiro lugar cómpre dicir, que estas obras comezaron hai un ano e quedaron paralizadas durante sete meses e se se voltaron reconducir, se retirou a tubaxe, e se o alcalde tomou a palabra para dar o seu compromiso, foi única e exclusivamente grazas ao veciños e veciñas que decidiron en asemblea “aberta”, comezar a mobilizarse.

 

Estado actual da "obra rematada" Camiño Subido

Por outra banda, salientar que logo destes sete meses sen traballar na zona, foron elixir o día da Folga Xeral para levalo a cabo, feito que fala por si só de como se coaciona á clase traballadora e de quen o fai. Todo isto coa chantaxe emocional a uns veciños e veciñas que por fin vían cos seus ollos como lles quitaban uns tubos que levaban diante da súa porta un ano.

Unha vez máis nesta nota de prensa lemos, sen sorpresa, como te tiran balóns fóra, coma sempre, cando non se goberna, cando non se fai o que se ten que facer, cando hai problemas, a culpa non é do concello, neste caso é da Diputación, como podería ser da Xunta ou do  Estado, ou dos operarios ou dos mesmos veciños/as.

 

16 de abril ás 12 da mañá "obra rematada camiño Subido"

E a responsabilidade, de quen é a responsabilidade de axilizar os trámites sexa onde sexa?. De quen é a responsabilidade de xestionar? De quen é a responsabilidade de gobernar? Outros nos cremos coa responsabilidade de estar co pobo na rúa e onde faga falta.

Por último e o máis importante, temos que dicirlle ao goberno de Redondela, que os veciños e veciñas xa comezaron un camiño, o camiño da dignidade, e non só piden que se lles quiten os tubos, piden que se humanice a súa vida, que se humanice como se vai humanizar o entorno da Xunqueira,  onde están a cambiar as lousas por pedras, nun contexto de crise, onde non vai haber erros de cálculo, onde non van crebar empresas, onde en definitiva, comezaron unha obra e van rematala sen demora, senón ao tempo.

Nós entendemos que a zona do Penisal non é menos que ningunha outra, e agora teñen que rematar o que empezaron, sen deixar fochancas nin escombro, entendemos que as reivindicacións non foron só polos tubos do Camiño do  Subido, e toda a contorna que está abandonada, é o Camiño das Ánimas, e a zona inhumanizada onde está a igrexa de Chapela, o Multiusos, etc.

 

Dende a FPG Redondela apoiaremos á veciñanza de Chapela e demais parroquias esquecidas que decidan mobilizarse polas melloras da súa contorna, xa que a deixadez por parte das administracións das zonas alleas ao casco urbano é unha eiva continuada no tempo polos diferentes gobernos. E algún día haberá que pagar esa débeda histórica. Mentres entendemos que as únicas saídas pasan por facer piña e exercer presión.

 

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en “Acabada la primera fase de la obra paralizada en Chapela”

OS SEUS RECORTES QUEIMAN OS NOSOS MONTES.

A  FPG Redondela convoca todos veciños/as, partidos políticos,
asociacións e colectivos, a unha concentración O MARTES  DE ABRIL ás 20.00h na prazado concello polos  lumes en Galicia, pola ineficaz ordenación do territorio, pola nula prevención dos incendios, pola política de recortes nesta materia que pexa a mellora do servizo de extinción, pola ocultación ou cando menos falta de información, porque temos a obriga de esixir responsabilidades. Voltemos a rúa, que ao igual que os montes é nosa.

– NON MÁIS LUMES NOS NOSOS MONTES-

Nós pola nosa parte, ademais de convidarvos  a participar do xeito
que creades conveniente, animámosvos a portar todo tipo de serigrafía, faixas etc, a prol de denunciar os feitos de maneira conxunta. A seguir expoñemos o manifesto:

Respostas á catástrofe nas Fragas do Eume

Escrito por FPG on abr 2nd, 2012 //

A Frente Popular Galega daba á luz, en setembro do ano 2010, o documento Os incendios forestais en Galiza, que cuestiona as erróneas políticas de combate de incendios forestais que os diversos gobernos da Xunta de Galiza desenvolveran até a altura, tratando de que esta achega humilde e necesaria servise para unha reflexión colectiva sobre unha problemática que transcende o puntual para se converter nunha eiva estrutural nas políticas nacionais de xestión, cuxas consecuencias seguen a poñer en risco a propia existencia do noso pobo, cun profundo custo social, económico e ambiental. E é pola necedade das liñas mestras da administración neste campo que este caderno segue a estar de rabiosa actualidade.

Anos despois, a administración do Partido Popular galego segue inmersa nun discurso exculpatorio, atribuíndo a responsabilidade última da problemática incendiaria á “delincuencia ambiental”, o que non fai senón evadir o fondo da cuestión para se centrar nunha das súas manifestacións. Ao tempo que distrae a furia dun pobo como o galego, rabioso hoxe pola queima dunha das masas forestais ambientalmente máis importantes de Galiza, a das Fragas do Eume.

Seguimos demandando unha Ordenación Territorial de Galiza, que se acometa en coordinación cos galegos e galegas que decidan afincar o seu proxecto de vida no rural, adaptada ás condicións propias da nosa economía e territorio, que reverta profundamente unha lóxica de usos especulativos do noso chan, cara a unha posta en valor do noso medio rural. Precisamos programas de concienciación social e posta en valor da posibilidade de usos económicos diferenciados do noso monte e da súa relevancia ambiental para a cidadanía. Demandamos unha mellora inmediata dos dispositivos e políticas de prevención, concibindo os incendios forestais como unha auténtica catástrofe ambiental e social que debe ser previda por todos os medios posíbeis, sendo como tal unha materia de investimento de recursos públicos preferente. Queremos unha dotación á altura dos tempos dos dispositivos de loita antiincendiaria, o que leva consigo un paso atrás na degradación actual destes dispositivos que se está a alentar en base ao paradigma dunha austeridade que se está a desenvolver a prol da clase dominante e sempre contra o pobo e o seu medio natural. Para isto é preciso contar con traballadoras e traballadores nunhas condicións dignas e de seguridade, preparadas e preparados, e cos instrumentos de loita contra o lume axeitados.

A FPG insiste na responsabilidade última que a administración galega ten nestas catástrofe. E contra a administración colonial e as lóxicas políticas e económicas do Capital que están detrás desta problemática é que a militancia da FPG chama a apoiar as concentracións convocadas nas principais vilas galegas.

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en OS SEUS RECORTES QUEIMAN OS NOSOS MONTES.